InicioSociedadeUn veciño de Cabral recupera a titularidade dunha leira tras case 30...

Un veciño de Cabral recupera a titularidade dunha leira tras case 30 anos de conflito

Durante todo o proceso xudicial, volveuse a pór en cuestión a validez do plano de 1891 no que se basean os comuneiros para reclamar a titularidade das parcelas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu ao veciño da parroquia viguesa de Cabral a titularidade dunha leira tras case 30 anos de conflito coa Comunidade de Montes en Man Común de Santa Mariña de Cabral. En concreto, o TSXG inadmitiu a trámite o recurso de casación interposto pola representación legal dos comuneiros a unha sentenza da sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que á súa vez desestimaba un recurso contra un fallo do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da cidade, que desestimaba as pretensións da Comunidade de Montes.

Segundo explica a Plataforma Gelaga de Afectados por Comunidades de Montes, a parcela pertence á familia de Ramón Arines, quen a comprou en 1996 para reconstruír a casa alí existente e ir vivir nela. “Pero o seu proxecto durou moi pouco tempo, porque se viu obrigado a parar as obras no inmoble pola presión dos comuneiros, empeñados en facer unha permuta, e polas sucesivas accións intimidatorias que sufriu, como un incendio ou unha derriba parcial do muro de peche”, indica a Plataforma. Durante todo o proceso xudicial, volveuse a pór en cuestión a validez do plano de 1891 no que se basean os comuneiros para reclamar a titularidade das parcelas. A Plataforma aplaudiu esta resolución, que pon fin ao calvario que sufriu o dono do terreo durante décadas”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...