InicioSucesosEvacúan un ferido tras un accidente de tráfico

Evacúan un ferido tras un accidente de tráfico

Unha persoa resultou ferida na tarde deste venres ao saírse da vía e chocar contra o muro dun edificio na avenida do Aeroporto, en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida na tarde deste venres ao saírse da vía e chocar contra o muro dun edificio na avenida do Aeroporto, en Vigo. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar as 18,00 horas e particulares sinalaron que había atrapados. Por iso, mobilizouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo e á Policía Local.

Con todo, o ferido non tivo que ser excarcerado, xa que se atopaba liberado antes da chegada da dotación de bombeiros. O persoal sanitario tivo que realizar manobras de reanimación antes de que a persoa fose trasladada ao hospital de referencia.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...