InicioSociedadeCarmen García Mateo tomará posesión como reitora da Universidade de Vigo o...

Carmen García Mateo tomará posesión como reitora da Universidade de Vigo o 25 de xuño

Alfonso Rueda presidirá o acto no campus vigués, que oficializará o relevo de Manuel Reigosa e a chegada da primeira muller á fronte da institución.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Carmen García Mateo tomará posesión como reitora da Universidade de Vigo o próximo 25 de xuño nun acto que se celebrará no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus vigués. A cerimonia terá lugar a partir das 12.30 horas e será presidida polo titular da Xunta, Alfonso Rueda. O acto comezará coa intervención do reitor en funcións, Manuel Reigosa, e logo lerase o decreto de nomeamento de García Mateo, a primeira reitora da institución académica viguesa nos seus 36 anos de historia.

A nova reitora recibirá de mans do seu antecesor a medalla e o bastón de mando e, tras o seu discurso, procederase ao nomeamento do seu equipo. O presidente da Xunta pechará o acto, antes da interpretación do ‘Gaudeamos igitur’.

Na reunión do Consello de Goberno da UVigo, celebrada este martes, o reitor en funcións avanzou a data deste acto e confirmou que o traspaso de poderes co novo equipo de goberno “xa está en marcha e desenvólvese con normalidade”.

ÚLTIMAS

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...

En liberdade o home detido por traficar con cocaína e drogas sintéticas no barrio vigués de Sárdoma

O home detido no barrio de Sárdoma, en Vigo, por traficar principalmente con drogas...