InicioMovementos SociaisO sindicato CIG convoca unha folga xeral para o 19 de xuño

O sindicato CIG convoca unha folga xeral para o 19 de xuño

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CIG presentará nos próximos días o preaviso para convocar unha folga xeral o 19 de xuño, co fin de “avanzar un paso máis” na mobilización e “darlle a volta ás políticas antisociais, antigalegas e antiobreiras do PP”, para o que reclamou ao resto de centrais sindicais que estean “á altura”.

Así o confirmou o seu secretario xeral, Paulo Carril, quen, en declaracións aos medios antes de participar na manifestación celebrada en Vigo, confirmou que a CIG aposta “por lanzar unha ofensiva” ante as políticas que “cronifican a pobreza e a precariedade laboral”.

Carril pediu ás demais centrais sindicais que “estean á altura”, que se sumen á convocatoria e que a data da folga “non sexa unha discrepancia”. Así mesmo, incidiu en que os representantes dos traballadores deben dar “exemplo” de “rexeneración democrática” ante a “corrupción” do PP e “dar un paso á fronte”.

RAZÓNS PARA A FOLGA XERAL

Ao finalizar a manifestación, o secretario xeral da CIG fixo un chamamento a secundar a folga xeral porque “hai que ir máis aló na contestación social”, ante o feito de que é “mentira” a “propaganda da recuperación económica”, hai un “empobrecimiento xeneralizado”, e “aumentan as desigualdades, e destrúense os sectores produtivos”.

Segundo subliñou Paulo Carril, o PP “campa ás súas anchas” e as forzas políticas de esquerda non son capaces de facerlle fronte. Por iso, incidiu, a CIG convoca unha folga xeral como forma de censura das políticas da Xunta e do Goberno central. “Son tempos de compromiso e a loita é o único camiño”, proclamou, e puxo exemplos de traballadores que pelexaron ou seguen pelexando polos seus dereitos, como os funcionarios galegos de xustiza.

O máximo responsable da CIG recalcou que a folga xeral é necesaria para defender as pensións; facer fronte a “os abusos da patronal”; frear as políticas do PP, os recortes e privatización de servizos públicos; responder o retroceso nas liberdades democráticas; ou como “demostración da solidariedade de clase”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...