InicioSociedadeSanidade inviste 1,8 millóns de euros na nova área de cirurxía maxilofacial...

Sanidade inviste 1,8 millóns de euros na nova área de cirurxía maxilofacial do Hospital Meixoeiro

A Xunta adxudica as obras á empresa Elecnor cun prazo de execución de nove meses para dar servizo ás áreas sanitarias de Vigo e Ourense.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade adxudicou por case 1,8 millóns de euros as obras da nova área de cirurxía maxilofacial de Vigo, que estará situada no Hospital Meixoeiro, segundo informou o departamento autonómico nun comunicado. A empresa Elecnor Servizos e Proxectos resultou a adxudicataria destes traballos, que teñen por obxectivo a construción dun espazo especializado de vangarda. A nova área contará con tres consultas, unha sala polivalente, unha sala de espera, unha sala de simulación, un despacho e unha sala cirúrxica.

Cun prazo de execución fixado en nove meses, as obras levan aparelladas a reestruturación dos tres quirófanos de cirurxía local xa existentes, unha intervención coa que se mellorará notablemente a cobertura de toda a actividade cirúrxica global do hospital, segundo destaca a Xunta. Está previsto que, de forma inicial, esta unidade de referencia atenda a pacientes procedentes das áreas sanitarias de Vigo e de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, dotándose para iso de equipamento tecnolóxico de última xeración.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...