InicioSociedadeO TSXG confirma a condena de tres anos e medio de cárcere...

O TSXG confirma a condena de tres anos e medio de cárcere para unha muller que levaba cocaína no suxeitador

O alto tribunal galego rexeita o argumento do "consumo compartido" e destaca que a cantidade intervida en Vigo supera con moito o máximo diario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de tres anos e seis meses de prisión imposta a unha muller que foi interceptada en Vigo con máis de 24 gramos de cocaína na súa roupa interior e 1.581 euros en efectivo provenientes do tráfico de drogas. O alto tribunal galego desestima así o recurso presentado pola acusada contra a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra, que a condenou como autora dun delito de tráfico de drogas coa atenuante de drogadicción e a agravante de reincidencia.

Os feitos sucederon na madrugada do 27 de xuño de 2024, cando a muller foi sorprendida cun envoltorio plástico oculto no suxeitador que contiña 24,303 gramos de cocaína, ademais de dúas papelinas no peto do pantalón con outros 0,507 gramos da mesma substancia. A defensa da muller alegou que a droga estaba destinada ao consumo compartido nunha festa, pero o TSXG rexeitou esta versión ao non identificarse a celebración á que se dirixía e por considerar que a cantidade incautada supera o consumo diario habitual por persoa.

O tribunal tamén descartou calquera vulneración do dereito á presunción de inocencia ou o principio de in dubio pro reo. Na súa resolución, os maxistrados consideran que as cantidades intervidas e o diñeiro en metálico que portaba son “suficiente proba de cargo” para confirmar a súa responsabilidade penal. A sentenza incide en que non existen dúbidas sobre a finalidade de venda da substancia estupefaciente debido ao xeito en que estaba distribuída e oculta.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...