InicioSociedadeVillaverde reivindica o liderado de Galicia en sustentabilidade mariña no IV Foro...

Villaverde reivindica o liderado de Galicia en sustentabilidade mariña no IV Foro de Fundación Nova Pescanova

A conselleira de Mar destaca no Foro GSSG de Vigo que o modelo galego garante o futuro económico das comunidades mariñeiras

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Mar, Marta Villaverde, participou este martes na inauguración do IV Foro Galicia de Sustentabilidade Global de Produtos do Mar (GSSG), que reúne en Vigo a expertos e profesionais do ámbito pesqueiro de todo o mundo. Alí reivindicou o papel da comunidade como referente na xestión sustentable dos recursos mariños e na produción responsable de alimentos do mar e a acuicultura.

Durante a súa intervención, destacou que a celebración deste encontro responde á estreita vinculación de Galicia co mar, tanto desde o punto de vista cultural como económico e social. Neste sentido, lembrou que o sector mar-industria constitúe “un dos alicerces fundamentais” da economía galega e unha fonte clave de emprego e oportunidades para miles de familias.

A responsable autonómica explicou que o modelo galego de sustentabilidade baséase “nunha xestión ordenada e rigorosa dos recursos, sostida en criterios científicos e no diálogo permanente co sector, así como nun tecido empresarial comprometido coa calidade, a rastrexabilidade e o respecto ao medio mariño”.

EFECTOS NA ACTIVIDADE ECONÓMICA

“Grazas a este enfoque, consolidámonos como un exemplo de produción sustentable, capaz de compatibilizar a conservación dos ecosistemas mariños coa actividade económica e co mantemento de miles de postos de traballo nas zonas costeiras”, destacou a conselleira. “Coidar do mar implica tamén garantir o benestar das persoas que viven del e asegurar o futuro das comunidades mariñeiras”, incidiu.

Neste contexto, a titular de Mar referiuse á “crecente” demanda dos consumidores de información sobre a orixe dos produtos, os procesos de produción e as certificacións de calidade, así como á necesidade de seguir avanzando na redución do desperdicio alimentario para fortalecer a competitividade do sector galego nos mercados internacionais.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...