InicioSociedadeVigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

A obra require escavar 8.500 metros cúbicos baixo o estadio e terá un custo superior aos 2,8 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos colectores que permitirá reformar de novo a bancada de Tribuna do estadio de Balaídos. Segundo indicou o alcalde, Abel Caballero, esta actuación é unha “parte importantísima” dos traballos necesarios para que o estadio vigués poida cumprir coas esixencias da FIFA e converterse en sede do Mundial de Fútbol 2030.

O rexedor explicou que baixo o chan de Tribuna discorren dous grandes colectores, o do río Lagares e o de Fragoso, que deben ser desviados para acometer a nova ampliación. Esta tarefa de enxeñaría civil requirirá un volume de escavación de aproximadamente 8.500 metros cúbicos. O investimento estimado para esta fase supera os 2,8 millóns de euros, unha contía que Caballero agarda que sexa financiada a partes iguais entre o Concello, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

Este paso técnico supón, en palabras do alcalde, o inicio da obra física da nova bancada de Tribuna. O proxecto final ten como obxectivo que Balaídos alcance unha capacidade de 43.000 espectadores, superando así o requisito mínimo que establece a organización do Mundial para os estadios que acollerán partidos da competición.

ÚLTIMAS

Un anaco de Vigo en Madrid

Hai rúas que nacen para ser fotografadas e outras que nacen para ser lembradas....

Vigo terá finalmente dúas pantallas xigantes para ver a semifinal do Mundial entre España e Francia, tras autorizar o Concello a da Deputación

Vigo contará finalmente con dúas pantallas xigantes para seguir este martes a semifinal do...

O acusado de prender lume á súa exparella en Vigo di que “non lembra” o ocorrido pero que se arrepentiu ao saber que fixera...

O home acusado de tentar asasinar a súa exparella tras supostamente prenderlle lume en...

A Xunta autoriza a licitación de 55 vivendas públicas en San Paio de Navia

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación do contrato de execución das...