InicioSociedadeA UVigo e Veolia crean a Cátedra Convive para impulsar a contratación...

A UVigo e Veolia crean a Cátedra Convive para impulsar a contratación pública responsable

A iniciativa nace co obxectivo de orientar a compra pública cara a modelos eficientes e sustentables vinculados á Axenda 2030.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) e a multinacional de servizos ambientais Veolia crearon a Cátedra Convive coa vocación de impulsar “un cambio de paradigma” na contratación pública. O reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e o director executivo de Veolia Auga Galicia, Nicolás Esmorís, foron os encargados de asinar este martes o convenio de colaboración entre ambas as entidades para crear esta cátedra, que será “un punto de partida para continuar colaborando nos retos maiúsculos que ten a contratación pública, que pesa un 10% do PIB nacional”, segundo dixo Esmorís.

“A Cátedra Convive é unha iniciativa da UVigo e Veolia que aspira a situarse como referente en España no estudo e a mellora da compra pública responsable, que nace coa vocación de impulsar un cambio de paradigma na contratación pública, orientándoa cara a modelos máis eficientes, transparentes e aliñados con grandes retos globais, especialmente os vinculados á Axenda 2030 e aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable”, apuntou a directora da cátedra, Patricia Valcárcel.

Pola súa banda, o reitor puxo en valor a importancia de “tender lazos” entre a sociedade civil e a universidade. “Poucas veces asínase un acordo que teña tan claramente establecidas as liñas de actuación, que son moi positivas”, apostilou Reigosa. Concibida como un espazo estable de colaboración entre o ámbito académico e o tecido empresarial, a Cátedra Convive céntrase no desenvolvemento de solucións innovadoras que permitan integrar criterios sociais, ambientais e tecnolóxicos nos procesos de contratación pública, con especial atención a sectores estratéxicos como a xestión da auga, os residuos e a enerxía.

Entre os obxectivos desta iniciativa están a xeración de coñecemento aplicado, a mellora de procedementos administrativos, a profesionalización dos operadores implicados e a creación dun ecosistema de colaboración que sexa capaz de conectar universidade, empresa e institucións públicas. “Todo isto co propósito de contribuír a unha contratación pública que non só sexa máis eficaz, senón tamén motor de desenvolvemento sustentable, innovación e valor compartido no territorio”, resumiu Valcárcel, segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI).

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...