InicioSociedadeO BNG esixe á Xunta o arranxo "inmediato" das deficiencias no centro...

O BNG esixe á Xunta o arranxo “inmediato” das deficiencias no centro de día Atalaia

Familias e persoal denuncian que as instalacións sofren filtracións de auga e frío desde hai quince anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia que arranxe as “deficiencias” do centro de día Atalaia, tras as denuncias de familias usuarias e persoal polas filtracións de auga e frío que padecen “desde hai 15 anos”. Nun comunicado, o Bloque informou de que trasladou iniciativas ao Parlamento galego para recoller estas demandas provocadas pola deterioración das xanelas.

Este xoves, a deputada Carmela González e o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, reuníronse con familias e representantes dos traballadores para coñecer de primeira man o mal estado das instalacións. “É inaceptable que un centro de día, no que se atenden a 25 persoas maiores, filtre auga os días de choiva e no que entre vento e frío”, criticaron os nacionalistas, quen advertiron dos riscos para a saúde e das situacións de inseguridade que xera esta situación.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...