InicioSociedadeA Audiencia de Pontevedra obriga a indemnizar con 11.600 euros a unha...

A Audiencia de Pontevedra obriga a indemnizar con 11.600 euros a unha muller que caeu nun Vitrasa

O tribunal revoga a sentenza inicial e descarta calquera culpa da viaxeira, que ía sentada e agarrada a unha barra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra estimou un recurso de apelación interposto por unha muller que resultou lesionada ao sufrir unha caída nun bus da empresa Vitrasa, concesionaria do transporte público de Vigo, e ordenou á aseguradora do vehículo que indemnice á viaxeira en máis de 11.600 euros polos prexuízos sufridos.

Os feitos ocorreron en agosto de 2023, cando a recorrente estaba a bordo dun bus que circulaba pola Avenida de Madrid da cidade olívica. O condutor tivo que facer unha freada brusca para non chocar co vehículo que lle precedía, e a viaxeira caeu ao chan, producíndose diversas lesións. Inicialmente, o xulgado de Primeira Instancia 11 de Vigo estimou parcialmente a demanda desta pasaxeira e estableceu que a culpa do sucedido era compartida, fixando a indemnización en 5.840 euros.

Con todo, en resposta ao recurso, agora a Audiencia sinala que a viaxeira ía sentada e agarrada a unha barra longitudinal, como recoñeceu o propio condutor, e que non se lle pode imputar responsabilidade algunha na produción do accidente, “pois só cabe apreciar dita responsabilidade nos condutores e nunca nos ocupantes“.

Entre outras consideracións, o tribunal provincial tamén sinala que non é relevante o feito de que ningún outro viaxeiro sufrise lesións derivadas da freada do bus, e reitera que “ningunha neglixencia cabe apreciar” no comportamento da recorrente. Por iso, a resolución de febreiro pasado sinala que procede declarar a responsabilidade civil directa da entidade aseguradora, revoga a sentenza previa e condena a dita aseguradora a indemnizar á muller en 11.680 euros, máis os intereses legais correspondentes.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...