InicioSociedadeO BNG denuncia fallos no cartón PassVigo que impiden a gratuidade do...

O BNG denuncia fallos no cartón PassVigo que impiden a gratuidade do bus aos menores de 15 anos

Pérez Igrexas critica os cobros "indebidos" e a falta de respostas de Vitrasa ante as incidencias técnicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo denunciou este luns que os “reiterados fallos” do cartón PassVigo “impiden a gratuidade do bus para os menores de 15 anos”. Os nacionalistas lamentaron nun comunicado que estas incidencias “non son puntuais nin están resoltas”, cualificando a situación de “inaceptable” ao derivar en cobros que consideran indebidos.

“Cando o sistema falla ou ben se cobra o billete coa tarifa normal da PassVigo ou, en caso de cartóns sen saldo, esíxese o pago do billete ordinario”, criticou o portavoz local do Bloque, Xabier Pérez Igrexas. O concelleiro explicou que despois se remite ás persoas afectadas a que reclamen a devolución, o que supón un atranco para os usuarios. Por todo iso, puxo o foco na “inacción” de Vitrasa e na “falta de respostas” ante o que considera un exemplo de mala xestión dun servizo público esencial por parte dunha empresa privada.

“O que debería ser unha medida positiva como a gratuidade do bus para menores de 15 anos converteuse nunha especie de tómbola por culpa de fallos técnicos que non se corrixen”, insistiu Igrexas. O portavoz demandou ao goberno municipal que tome medidas inmediatas para garantir que esta medida, longamente reclamada pola súa formación, funcione correctamente sen prexuízos económicos para as familias viguesas.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...