InicioPolíticaO BNG de Vigo propón destinar 2 millóns de euros do remanente...

O BNG de Vigo propón destinar 2 millóns de euros do remanente de Urbanismo a vivenda pública

Xabier Pérez Igrexas reclama un programa de alternativas habitacionais e axudas directas ao alugueiro para mozos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo anunciou este venres a presentación dun paquete de emendas á modificación orzamentaria da xerencia de Urbanismo co obxectivo de destinar a totalidade do seu remanente a reforzar as políticas públicas de vivenda. A proposta nacionalista busca mobilizar máis de 2 millóns de euros adicionais para facer fronte á que cualifican como unha “grave emerxencia habitacional” na cidade olívica.

O portavoz municipal do Bloque, Xabier Pérez Igrexas, denunciou que o acceso a un fogar é cada vez “máis difícil e moito máis caro”, afectando especialmente á mocidade e ás familias con menos recursos. Por este motivo, instou ao Concello a utilizar todas as súas capacidades para garantir que a veciñanza poida “vivir na propia cidade”. Entre as medidas estrela figura a creación dun programa municipal de alternativas habitacionais, dotado con 550.000 euros, para atender a colectivos vulnerables.

PLAN FACILITADOR E AXUDAS ANTE DESAFIUZAMENTOS

Igrexas alertou de que en Vigo se rexistran, de media, ata tres desafiuzamentos á semana. Desde o BNG defenden que “ningún desafiuzamento pode producirse sen unha alternativa digna” e propoñen que o Concello actúe como garante. Para iso, a formación nacionalista deseñou un plan facilitador do aluguer cun orzamento de 1,25 millóns de euros.

Este plan está especificamente dirixido a persoas con baixos ingresos e a menores de 35 anos, co obxectivo de axudalos a afrontar os gastos iniciais da vivenda, como fianzas, avais ou outras garantías. A proposta técnica consiste en ofrecer préstamos sen intereses a 24 meses, facilitando así a emancipación xuvenil e a estabilidade das familias con dificultades para entrar no mercado inmobiliario vigués.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...