InicioSociedadeAbel Caballero insiste en que Vigo será sede do Mundial 2030 malia...

Abel Caballero insiste en que Vigo será sede do Mundial 2030 malia o “boicot” da Xunta e a Deputación

O alcalde esixe que a administración autonómica e provincial paguen un terzo da bancada de Tribuna.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a pronunciarse sobre a candidatura da cidade para ser sede do Mundial 2030, e asegurou que Vigo será sede. “Imos gañar, verao todo o mundo e de forma moi rápida”, vaticinou. O rexedor arremeteu contra o presidente da RFEF, Rafael Louzán, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e contra a Deputación de Pontevedra e o PP de Vigo, que segundo el están “contra” a cidade.

En declaracións remitidas aos medios, Caballero volveu a insistir en que o goberno galego e o provincial deben pagar cada un un terzo da reforma da bancada de Tribuna. “A responsable do PP de Vigo (Luisa Sánchez) fala pero non di o que ten que dicir (…), que fale menos e que pague máis”, sentenciou. “Pois Vigo vai ser sede, señor Louzán, xa sei que a vostede non lle gusta. Vai ser sede señor Rueda, xa sei que a vostede non lle gusta. Vai ser sede señores do Partido Popular, xa se que están absolutamente en contra”, proclamou o alcalde.

“MENTE TODOS OS DÍAS”

Pola súa banda, a presidenta do PP de Vigo e vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, lamentou que o alcalde non explicase “como vai conseguir que a ampliación de Balaídos, necesaria para albergar o Mundial, estea terminada a tempo”. “En lugar de contarlle á cidade cal é a planificación existente para cumprir os prazos que marca a FIFA, tirou dos seus clásicos bulos. Porque mente todos os días. Sabe perfectamente que o Partido Popular de Vigo apoia que sexamos sede do Mundial”, incidiu.

Luisa Sánchez lembrou que o grupo ‘popular’ presentou unha moción no pleno pedindo o apoio de toda a Corporación para esa candidatura “e el votou en contra”, e que “vetou” unha declaración institucional no mesmo sentido. Así mesmo, lembrou que a Deputación de Pontevedra “asinou unha carta de compromiso apoiando a candidatura de Vigo” e ela mesma pediu os proxectos dos colectores e da ampliación de Tribuna. “Pero non nolos mandou e iso impídenos avanzar. E non os manda porque, como el confesou este mércores, non ten nin proxectos nin orzamento nin cronograma”, matizou.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...