InicioMovementos SociaisTraballadores de terapias do CHUVI mobilízanse contra o novo plan funcional da...

Traballadores de terapias do CHUVI mobilízanse contra o novo plan funcional da xerencia

Fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais denuncian a imposición de quendas rotatorias sen negociación previa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os profesionais da unidade de terapias do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) concentráronse este martes en diversos centros hospitalarios da cidade. O colectivo, formado por fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais, denuncia a “imposición” por parte da dirección da área sanitaria dun novo plan funcional que, segundo aseguran, non foi negociado e altera de xeito substancial as súas condicións laborais.

Os traballadores critican que a xerencia pretende implantar estas medidas de forma unilateral. O novo plan contempla a introdución de quendas rotatorias para todo o persoal, unha decisión que os afectados consideran allea ás necesidades reais do servizo e dos propios profesionais. Segundo os convocantes, esta reorganización pon en risco a continuidade asistencial dos pacientes ao non respectar as especializacións terapéuticas de cada traballador, un factor que consideran clave para unha atención de calidade.

A maiores dos prexuízos asistenciais, os especialistas sinalan o impacto negativo na conciliación familiar e a perda de estabilidade nos equipos ao eliminarse as quendas fixas. Advirten, ademais, que esta reestruturación non soluciona a falta estrutural de persoal que padece o servizo e reclaman que calquera cambio organizativo vaia acompañado dun reforzo real do cadro de persoal.

Ante esta situación, os profesionais esixen á xerencia a paralización inmediata do plan funcional. Reclaman a apertura dun proceso de negociación para acadar medidas consensuadas que sexan respectuosas cos dereitos laborais e que garantan o mantemento da calidade no servizo aos pacientes.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...