InicioEconomíaAbel Caballero destaca o "moi bo comportamento" do turismo en Vigo durante...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

A ocupación hoteleira rozou o 46% na cidade, superando os rexistros acadados os dous anos anteriores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a “moi boa ocupación hoteleira” da cidade durante o pasado mes de febreiro, que rozou o 46% a pesar de tratarse de tempada baixa. Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor puxo en valor que se trata dun dato dous puntos e medio superior ao do exercicio pasado e un catro puntos máis que en 2024.

Segundo detallou o alcalde, a estancia media dos turistas na urbe olívica case alcanzou os dous días. Así mesmo, subliñou o peso do turismo internacional, xa que un 35% dos viaxeiros que chegaron á cidade proviña doutros países. Neste grupo destacou especialmente a afluencia dende Portugal, que representou un de cada tres turistas estranxeiros. “En suma, un moi bo comportamento do turismo no mes de febreiro en Vigo”, sentenciou Caballero.

ÚLTIMAS

Praia de A Calzoa, en Vigo: crónica dunha morte anunciada

A duna da Praia da A Calzoa, un dos sistemas dunares máis relevantes do...

Abel Caballero celebra a condena a Audasa e reclama a gratuidade da AP-9 tras a sentenza sobre as peaxes de Rande

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou este sábado a sentenza da Audiencia Provincial...

Vigo será sede do IV Global Sustainable Seafood Galicia Forum o 28 de abril

A Xunta de Galicia anunciou este luns que Vigo acollerá o próximo 28 de...

Xulgan en Vigo un home acusado de estafar 650 euros coa falsa reserva dun piso en Xixón

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...