InicioSociedadeSuspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

PUBLICADO O

- Advertisement -

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o porto olívico e as terminais de Cangas e Moaña comunicaron na mañá deste mércores a suspensión do servizo debido ás malas condicións meteorolóxicas.

Así, a navieira Mar de Ons informou da suspensión do servizo entre Vigo e Cangas, e a última saída desde Cangas é a das 10.30 horas, mentres que a última desde Vigo é a das 11.00 horas. No caso da liña Vigo-Moaña, a operadora, Piratas de Nabia, tamén comunicou a suspensión das viaxes polo mal tempo, de maneira que a última ruta é a saída desde Vigo das 10.30 horas. As Rías Baixas están afectadas por un aviso laranxa por mar de vento (de compoñente suroeste con forza 7 e intervalos de forza 8) e ondas de entre 5 e 7 metros.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...