InicioPolíticaCaballero crítico co borrador da lei de administración local: "Home, o primeiro...

Caballero crítico co borrador da lei de administración local: “Home, o primeiro é o alcalde de Vigo’

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou á Xunta que non se lle solicitase opinión previa para a elaboración do borrador da nova lei de administración local: “Empeza mal”. Así o sinalou o rexedor nun audio enviado aos medios de comunicación, tras coñecerse nos últimos días que o Goberno galego someterá a información pública este novo documento.

Tras recoñecer que a actual normativa é “moi antiga” e é necesario unha nova lei de administración local, Caballero puxo o foco en que a Xunta asegurou que solicitou opinións de colectivos e representantes municipais durante os dous últimos anos pero “non pediu a opinión previa de Vigo”, a pesar de ser a cidade máis grande de Galicia por número de habitantes. “Xa significa unha posición”, insistiu. “Xa si que temos o prazo de información pública, pero se o consultaron con colectivos e distintos representantes municipais… Home, o primeiro é o alcalde de Vigo“, insistiu.

ÚLTIMAS

Investigados catro menores por golpear e vexar a outro de 12 en Nigrán e difundir vídeos

A Garda Civil investiga a catro menores, tres homes e unha muller de entre...

Os empresarios de Mos alertan dun “golpe irreparable” á economía polo trazado da nova A-52

A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) trasladou este martes a súa "máxima preocupación"...

Un ferido ao caer unha árbore sobre unha furgoneta na A-55, no Porriño,

Unha persoa resultou ferida na mañá deste mércores na A-55, ao seu paso por...

Cortado un carril da AG-57, en Gondomar, ao saír da vía un camión

Un carril da AG-57, ao seu paso por Vincios, en Gondomar, permanece pecho ao...