InicioSucesosMos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller morta a mans da súa expareja o domingo na parroquia de Sanguiñeda. A corporación reuniuse en pleno extraordinario na tarde deste luns para expresar o seu pesar polo asasinato de María Belén, de 52 anos de idade, acoitelada pola súa exparella.

A alcaldesa, Nidia Árevalo Gómez, foi a encargada de dar lectura á declaración institucional pactada por todos os grupos políticos de Mos, que mostraron o seu “rexeitamento absoluto” a calquera forma de violencia machista. “O sucedido non pode entenderse como un feito illado nin alleo á realidade social. Trátase dun caso de violencia machista, de violencia de xénero, unha das manifestacións máis graves da desigualdade entre homes e mulleres, unha violación intolerable dos dereitos humanos”, sinalou a alcaldesa.

Tras expresar o pésame do concello aos familiares e achegados da vítima, a corporación municipal remarcou que falar de violencia e das mulleres asasinadas “é unha obrigación institucional”, xa que só desde o recoñecemento claro da realidade é “posible combatela con eficacia”. A violencia machista, continuou, “non é un problema doméstico, non é un problema privado”, é unha cuestión de interese público que afecta á “convivencia, á seguridade e á dignidade das persoas”.

“Cada muller asasinada é unha ferida aberta na sociedade, é unha chamada de atención aos representantes políticos, ás institucións, para actuar con máis determinación”, incidiu a alcaldesa. Con este manifesto, tamén fixeron un chamamento á responsabilidade colectiva, de “non mirar para outro lado”, de non banalizar nin xustificar a violencia, de educar desde o respecto e de constuir unha sociedade na que as mulleres “poidan vivir libres e sen medo”.

Durante este tres días de loito oficial estarán suspendidos todos os actos públicos oficiais e as bandeiras ondeasen a media hasta. Finalmente, a alcaldesa convidou os cidadáns a participar noutra concentración silenciosa que tivo lugar ás portas do consistorio tras finalizar o pleno extraordinario.

ÚLTIMAS

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña...

O BNG reclama máis persoal no servizo do Padrón de Vigo ante as “colas eternas”

O grupo municipal do BNG de Vigo solicitou que se reforce con máis persoal...