InicioVigo e contornaCaballero patenta unha nova modalidade de arroz, o "arroz Vigo"

Caballero patenta unha nova modalidade de arroz, o “arroz Vigo”

O alcalde, convertido en Chef, reta de novo a Feijóo: "Se tiene que portar bien para que lo invite"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo volveu este mércores a soprender aos medios de comunicación poñendose diante dos fogóns e amosando as súas habilidades culinarias. Foi durante unha comida de Nadal cos xornalistas nas que, axudado por Manuel, cociñeiro do restaruante Valdevez, comezou o preparado dun arroz; “un arroz Vigo”, segundo as palabras de Abel Caballero.

Se van a chupar los dedos“, dicía mentres preparaba o arroz baixo a atenta mirada do chef da casa. A reiceita do alcalde; Rape, langostino, zamburiñas, aceite, cebola, tomate, pementos e un pouco de allo negro e azafrán… “que tiene que venir en pétalos, no puede estar picado”, precisou.

E, como non podía ser menos, tamén Feijóo estivo presente. “Agora só falta que convide a Feijóo?”, preguntoulle un xornalista. “Se tiene que portar bien para que lo invite”, foi a súa resposta. Podes ver o vídeo da preparación do “arroz Vigo” no xornal Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...