InicioSociedadeFungos, pingueiras, filtracións... A CIG denuncia a "situación insalubre" do CIFP Manuel...

Fungos, pingueiras, filtracións… A CIG denuncia a “situación insalubre” do CIFP Manuel Antonio de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou a “situación insalubre” que vive o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Manuel Antonio de Vigo, véndoa “incompatible” coa actividade lectiva desde o inicio da reparación da súa cuberta en xuño de 2025. Nun comunicado, o sindicato fíxose eco das queixas da comunidade do centro educativo máis grande de Galicia, que padece desde finais do curso pasado unha situación “case dantesca”.

Así, aseguraron que a existencia de fungos, pingueiras, equipos e espazos inutilizados e a filtración de materiais tóxicos está a repercutir “negativamente” na actividade lectiva en todos os departamentos e familias profesionais. Despois de tentar en varias ocasións que persoal técnico da Consellería de Educación informase o claustro sobre o Plan de prevención de riscos das obras sen éxito, un grupo de docentes elaborou un dossier con vídeos e imaxes dos danos, indica a CIG.

FILTRACIÓNS DE AUGA

Os problemas debido ás filtracións de auga son perceptibles en todo o centro. Así, no comedor de hostalaría, nas aulas, nos laboratorios e nos talleres de todos os departamentos hai pingueiras e filtracións, con charcos nas entradas de aulas da planta baixa do edificio central”, critican.

Ademais, engaden que están a proliferar fungos que se expanden polas paredes dos corredores e aulas, “o que provoca un ambiente moi pouco saudable” que consideran “non apto” para o desenvolvemento das clases en condicións de seguridade. Por todo iso, o sindicato dirixiuse ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Consellería e pedirá unha reunión coa Comisión de Seguridade e Saúde Laboral para solicitar que se informe ao persoal do centro sobre a seguridade nas obras e que se realice unha avaliación de riscos.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...