InicioSucesosUn escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

A rotura accidental dunha tubaxe por parte duns operarios provocou o peche dun tramo da vía e o despregamento dun perímetro de seguridade no que colaboraron bombeiros e Policía Local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de dúas horas un tramo da Avenida da Florida de Vigo na tarde deste mércores. Segundo fontes da Policía Local consultadas por Europa Press, foi sobre as 16.20 horas cando se tivo coñecemento de que uns operarios que se atopaban picando na zona romperon accidentalmente unha condución de gas.

Por este motivo, os axentes tiveron que acordoar a zona e as rúas paralelas para establecer un perímetro de seguridade, contando coa colaboración do servizo municipal de bombeiros. A esta hora, a situación quedou normalizada tras os traballos de reparación e a comprobación de que non existía perigo para a veciñanza, permitindo restablecer o tráfico na contorna.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...