InicioPolíticaO PP de Vigo denuncia a "opacidade" do Goberno sobre o tren...

O PP de Vigo denuncia a “opacidade” do Goberno sobre o tren a Portugal e prevé atrasos ata 2036

Luisa Sánchez critica que o Executivo central evite responder a oito das nove preguntas formuladas no Congreso e acusa a Abel Caballero de "aplaudir" o que considera un maltrato á cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, criticou duramente a “opacidade” do Goberno central respecto ao proxecto da conexión ferroviaria entre a cidade olívica e O Porto. Segundo denunciou a líder popular nun audio enviado aos medios, o Executivo de Pedro Sánchez respondeu “só unha das nove preguntas” expostas polos deputados do PP no Congreso sobre este asunto estratéxico para a comunicación con Portugal.

Sánchez lamentou que o Goberno se limitase a dar explicacións sobre un “asunto técnico” sen achegar información sobre aspectos clave como o prazo para o estudo informativo, a data para a declaración de impacto ambiental ou a licitación do proxecto. Na súa resposta, o Ministerio tampouco concretou unha programación de actuacións, un cronograma “fiable” nin o volume de investimentos necesarios para o desenvolvemento da saída sur de Vigo.

Para a líder do PP vigués, estes silencios son a proba evidente de que o Goberno non vai cumprir coas promesas de ter lista a conexión no ano 2030. Sánchez advertiu de que a demora se estenderá “moito nos tememos” ata o ano 2036 e acusou ao alcalde, Abel Caballero, de defender ao seu xefe de filas en lugar de reclamar melloras para a cidade. “Propuxemos un novo tren sen paradas, máis frecuencias con Madrid e a liberalización do mercado para dar paso á competencia, pero o PSOE di que non”, reprochou.

Na resposta oficial recibida, o Goberno central limítase a explicar que se modificou o contrato para a redacción do estudo informativo do tramo entre a estación de Urzaiz e O Porriño. Segundo o Executivo, esta modificación obedece á necesidade de realizar novos estudos de demanda e rendibilidade económica para a infraestrutura, un argumento que para o PP non serve máis que para enmascarar a falta de compromiso político e orzamentario coa alta velocidade transfronteiriza.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...