InicioSucesosA Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

O condutor enfróntase a nove meses de prisión por intentar bicar a unha clienta en Coia, mentres que para o operario se solicitan tres anos por bicar á propietaria dunha vivend

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un taxista acusado dun delito de agresión sexual en grao de tentativa. Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos sucederon o 23 de abril de 2024 no barrio de Coia. No momento no que a clienta procedía a pagar a carreira, o condutor rodeoulle o pescozo co brazo e tratou de bicar os seus beizos. A muller conseguiu zafarse e fuxiu do vehículo á carreira. Por esta acción, o ministerio público solicita 9 meses de prisión e a inhabilitación para traballar con menores durante case tres anos.

ACUSACIÓN CONTRA UN ALBANEL POR BICAR Á DONA DUNHA CASA

Por outra banda, o vindeiro 27 de xaneiro, o Penal 2 de Vigo xulgará a un albanel por unha suposta agresión sexual continuada. O ministerio público sostén que en decembro de 2024, mentres realizaba reformas nunha vivenda da cidade, o home bicou e abrazou fortemente á propietaria impedindo o seu movemento. Segundo a denuncia, ao concluír os traballos noutra xornada, o acusado volveu inmobilizar á muller para bicala na boca.

Neste caso, a Fiscalía solicita unha pena de 3 anos de cárcere e a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima a menos de 200 metros durante un período de catro anos. Así mesmo, o escrito de acusación reclama que o procesado indemnice á muller con 600 euros en concepto de danos morais pola fustrigación sufrida no seu propio domicilio.

ÚLTIMAS

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...