InicioPolíticaO PSdeG aproba en solitario o orzamento de Vigo para 2026, que...

O PSdeG aproba en solitario o orzamento de Vigo para 2026, que ascende a case 350,1 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Vigo aprobou este martes o orzamento municipal para 2026, que ascende a case 350,1 millóns de euros e que contou só cos votos favorables do PSOE, mentres que PP e BNG votaron ‘Non’.Nunha breve sesión que deu comezo ás 10.00 horas e cun único punto do día, foi o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, o encargado de defender as contas, destacando que buscan “mellorar as condicións de vida” dos cidadáns, con “recursos propios e débeda cero”.

Entre as partidas, Aneiro referiuse a a importancia da política social “en sentido amplo” nestes orzamentos e dos servizos públicos e o apoio ás familias. O orzamento recolle ata 29 millóns de euros destinados a política social, así como uns 38 millóns de apoio a colectivos de Vigo e 44 millóns para investimentos previstos en obras como a reforma da bancada de Gol, as ramplas de Gran Vía e o Paseo de Granada.

Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, criticou que o pleno se convertese “nun lugar para dar forma a decisións tomadas de antemán”, xa que o goberno local non aceptou ningunha das case 200 emendas presentadas polos nacionalistas.”Aceptar emendas non é síntoma de debilidade, é síntoma de responsabilidade política” insistiu, tachando de “irresponsabilidade” este rexeitamento, sendo un “acto de cinismo político” e de “soberbia”.

Na mesma liña falou o portavoz ‘popular’, Miguel Martín, quen criticou a subida das taxas aos cidadáns, referíndose ao IBI ou ao “sablazo” do lixo. Ademais, lamentou o “bloqueo” de proxectos planificados pola Xunta, como o centro de asociacionismo que pretendía impulsar o Goberno galego nun dos antigos edificios dos xulgados de rúa Lalín.Martín augurou que este orzamento quedará “en papel mollado” pola “baixa execución”, como en anos anteriores, segundo engadiu.

Por parte do PSOE falou Carlos López Font, que reivindicou que os vigueses valoran o que fai o goberno local e “fíanse” porque o diñeiro das contas “vai destinado á cidade”. O encargado de pechar o pleno foi de novo Aneiros, quen lamentou a “falta de proxecto” da oposición, para dar paso á votación, que saíu adiante co ‘Si’ do PSOE e o ‘Non’ de PP e BNG.

ÚLTIMAS

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...