O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que o Nadal xera na actualidade preto de 4.000 empregos na cidade, grazas ao tirón das luces da urbe olívica. Nun audio remitido aos medios de comunicación, o rexedor subliñou que Vigo “segue batendo marcas turísticas“, alcanzando un nivel de ocupación hoteleira do 74% este pasado fin de semana.
Segundo explicou Caballero, este éxito tradúcese en miles de persoas que chegan á cidade, xerando eses miles de postos de traballo e servindo de apoio fundamental ao comercio e ao resto de negocios locais. Esta actividade consolida o modelo de Nadal da cidade como un motor económico clave para a economía viguesa e galega durante a tempada invernal.
