InicioMedio Ambiente e PatrimonioEliminado un punto de verteduras residuais no río Lagares en Vigo

Eliminado un punto de verteduras residuais no río Lagares en Vigo

A empresa concesionaria, Aqualia, informou da localización dunha fuga na rede de tratamento de augas residuais, que procedeu a emendar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal do Programa de Control de Verteduras de Augas de Galicia detectou un punto de vertedura de augas residuais cara ao río Lagares, ao seu paso pola Travesía da Ponte Romana, en Vigo, e comunicou a incidencia, que xa foi liquidada pola concesionaria municipal.

O problema foi descuberto no marco das inspeccións rutineiras realizadas por Augas de Galicia, e a vertedura chegaba á marxe esquerda do curso fluvial nesta rúa, polo que se procedeu á toma de mostras do caudal. Os resultados revelaron presenza de contaminación microbiolóxica, polo que se deu aviso ao Concello de Vigo para que adoptase as medidas oportunas.

A empresa concesionaria, Aqualia, informou da localización dunha fuga na rede de tratamento de augas residuais, que procedeu a emendar. Nunha inspección posterior, os técnicos comprobaron que se eliminou ese achegue contaminante ao dominio público hidráulico.

 

 

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...