InicioVigo e contornaVigoAprobado o Plan de Actuación da Zona Franca de Vigo para 2026...

Aprobado o Plan de Actuación da Zona Franca de Vigo para 2026 e ser “referente tecnolóxico e industrial”

No Parque de Bouzas tramitarase a autorización para a planta de produción de hidróxeno que completará a actuación fotovoltaica xa instalada nunha extensión de máis de 15.127 metros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo aprobou este mércores o seu Plan de Actuación para 2026, coas liñas estratéxicas que guiarán a súa folla de ruta o próximo ano e co obxectivo de “seguir crecendo como referente tecnolóxico e industrial”.

O Plan articúlase ao redor dunha ambiciosa axenda de desenvolvemento económico e social, apoiada por un orzamento que prevé investimentos ao redor de 84 millóns de euros en activos fixos e na creación de novo chan industrial, e polo Plan Plurianual 2026-2029 que reafirma o obxectivo estratéxico de impulsar o desenvolvemento económico, papel que situou á Zona Franca á cabeza dos axentes públicos dinamizadores na súa área.

O delegado do Estado, David Regades, explicou que os obxectivos para 2026 “teñen a continuidade necesaria” para que Zona Franca siga “contribuíndo ao desenvolvemento e dinamización económica e social de Vigo e a súa área e sobre todo á xeración de riqueza e emprego”, todo iso “con débeda cero” e cun “investimento socialmente responsable, comprometida, que ten en conta criterios ambientais e de gobernación para alcanzar unha verdadeira economía circular, a colaboración público-privada, o fomento da investigación e innovación ou o impulso da contratación pública verde”.

Entre as actuacións máis relevantes do Plan para 2026 destaca a construción do VgoTIC Global HUB en López Moura, que acollerá a incubadora de Alta Intelixencia StartTIC onde xa comezaron os traballos; e o inicio, en xaneiro, das obras da factoría de semiconductores fotónicos SPARC, cun investimento de máis de 8 millóns de euros.

En canto a espazos empresariais, en 2026 proseguirase coa ampliación do PTL de 252.484 m2, que se espere estea en obras ao longo do ano que vén, e iniciarase en paralelo a procura dun socio industrial. Tamén se espera empezar a tramitar a ampliación do Parque de Balaídos e, na PLISAN, redactarase no primeiro semestre o proxecto de execución das novas naves loxísticas para saír a licitación antes de final de ano.

No Parque de Bouzas tramitarase a autorización para a planta de produción de hidróxeno que completará a actuación fotovoltaica xa instalada nunha extensión de máis de 15.127 metros. No Plan tamén figura o aparcadoiro disuasorio de camións para o Polígono de Balaidos, e o estudo de viabilidade do edificio Casabranca para o World Car Center.

O próximo ano Zona Franca tamén prevé desenvolver a súa participación en proxectos como a reordenación urbana da ETEA coa firma do convenio co Concello de Vigo e a Xunta para desenvolver o ámbito PS-1 e a construción do parking subterráneo; a reforma do parking da Estrela para adecuar as súas instalacións; e o impulso á transformación da Panificadora coa firma do convenio co Concello.

A iso sumaranse actuacións noutros municipios, como o novo centro de negocios de Redondela, o estudo de viabilidade para a fase II do parque empresarial da Pasaxe (Gondomar), ou o convenio co Concello de Caldas de Reis para o Parque de Paradela-Carracedo.

Igualmente, manteranse as accións de apoio ao emprendimiento, como a aceleradora ViaExterior, a aceleradora ViaGalicia, ou a Business Factory Auto; continuarase cos estudos de ARDÁN que implantará un novo programa de Igualdade de Xénero Empresarial; e avanzarase na modernización do sistema de xestión de expedientes e administración electrónica para lograr o obxectivo de “papel cero”.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...