InicioEconomíaA Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control...

A Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control pesqueiro

A Consellería do Mar destaca a cooperación coa Axencia ante a dixitalización da vixilancia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia defendeu o “papel estratéxico” da Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA), con sede en Vigo, para defender a sustentabilidade e a explotación responsable dos recursos pesqueiros. Así o trasladou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, con motivo dunha visita á sede da EFCA, onde mantivo un encontro coa súa directora executiva, Susan Steele. Ambas abordaron a cooperación entre a administración autonómica e o ente comunitario, e analizaron o traballo operativo da Axencia a través dos seus Plans de Despregamento Conxuntos, así como o seu impacto na frota galega.

Marta Villaverde subliñou a importancia de manter unha coordinación estreita entre a EFCA e Galicia, especialmente nun momento marcado pola entrada en vigor de novas disposicións do Regulamento de Control da Pesca, o impulso á dixitalización dos sistemas de vixilancia e a redefinición das políticas comunitarias a través da revisión da Política Pesqueira Común (PPC). A conselleira tamén destacou o papel de Galicia como “referente europeo” no control pesqueiro, grazas ao Servizo de Gardacostas e á cooperación coa EFCA en operacións de inspección.

ÚLTIMAS

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Traballadores de GKN saen á rúa para denunciar o ERE “inxustificado” que pretende impulsar a compañía

Centos de traballadores da auxiliar automobilística GKN manifestáronse este domingo en rexeitamento do expediente...

O proxecto ‘Vigo Social Televisión’ seleccionado entre os 35 “máis innovadores para mellorar a vida” dos maiores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que o Ministerio de Dereitos Sociais seleccionou...

O vigués Martín de la puente cae na final de tenis en cadeira do Aberto de Australia

O tenista vigués Martín da Ponte caeu este sábado na final de tenis en...