InicioEconomíaDesestimado o recurso da concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro contra a liquidación...

Desestimado o recurso da concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro contra a liquidación do IBI

A concesionaria reclamaba a anulación desa liquidación por considerala contraria a dereito, xa que entendía que o IBI se calculou sobre unha base impoñible non adecuada

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do contencioso administrativo 2 de Vigo ditou sentenza na que desestima un recurso da sociedade concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro e valida a liquidación do IBI correspondente a 2020 realizada polo Concello, de 1,1 millóns de euros.

A concesionaria reclamaba a anulación desa liquidación por considerala contraria a dereito, xa que entendía que o IBI se calculou sobre unha base impoñible non adecuada. Respecto diso, defendía que non é titular da totalidade do inmoble e que, por tanto, o imposto municipal calculouse erroneamente e era superior ao que lle correspondería pagar.

Con todo, o xulgado sinalou que a valoración catastral do inmoble, do que a sociedade ostenta “o cento por cento da titularidade dunha concesión administrativa” para servizos non hospitalarios, adquiriu firmeza, ao non ser cuestionada no seu momento, e por tanto o Concello ten que recadar ese imposto.

Ademais, anada que non se produciu ningunha circunstancia, como podería ser un cambio na clasificación do chan, que leve a modificar de forma extraordinaria o valor catastral. Por iso, declarou que a liquidación do IBI realizada polo Concello é conforme a dereito, aínda que contra esta sentenza cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

VALORACIÓN DE ABEL CABALLERO

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou que o Concello “segue gañando sentenzas”. Segundo trasladou, nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, a concesionaria pretendía pagar “só pola cafetaría, lavandaría, aparcadoiros, pero non polas instalacións hospitalarias”.

“Claramente a resolución do xulgado contencioso administrativo número 2 di que a empresa ten a concesión do 100 % e por tanto ten que pagar o IBI polo 100 %, polo total da concesión”, subliñou o rexedor.

Caballero lembrou que o importe dese pago “é moi importante”, de 1.109.000 euros e trasladou a súa “sorpresa” porque “a Xunta de Galicia apoia á concesionaria para que non pague o IBI á cidade de Vigo”. “A Xunta de Galicia sempre en contra dos intereses de Vigo”, proclamou.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...