InicioPolíticaVigo adxudicará a nova biblioteca de Teis este venres e o PP...

Vigo adxudicará a nova biblioteca de Teis este venres e o PP sinala que é “unha sala de lectura”

Segundo confirmou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios, este venres aprobarase a adxudicación da obra, que dará lugar a un edificio de dous pisos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo prevé aprobar este venres, en Xunta de Goberno Local, a adxudicación da obra para construír a Biblioteca de Teis, nun edificio cedido pola Seguridade Social ao Concello (e que albergou durante anos o ambulatorio do barrio), que será rehabilitado cun investimento de algo máis dun millón de euros.

Segundo confirmou o alcalde, en declaracións remitidas aos medios, este venres aprobarase a adxudicación da obra, que dará lugar a un edificio de dous pisos. No piso inferior estarán servizos como baños, cuarto de limpeza, almacén e 36 postos de lectura.

No piso superior, de 165 metros cadrados, estará a “sala de lectura”, con outros 86 postos. Ademais, haberá zonas verdes no exterior, contará con fachada ventilada “de grandes ventás” para que sexa “unha biblioteca que teña luz natural”, e o seu deseño baséase na “arquitectura sustentable e o aforro enerxético”.

UNHA MERA “SALA DE LECTURA”

O grupo municipal do PP respondeu a este anuncio advertindo de que, o que Abel Caballero chama “unha nova biblioteca en Teis”, non é senón unha “sala de lectura”. “O que está claro é que o barrio de Teis non vai contar cunha auténtica biblioteca, con servizo de préstamo de libros, que é o que realmente define a estes espazos, senón cunha sala de lecturas”, incidiu o portavoz ‘popular’, Miguel Martín.

Martín sinalou que o propio alcalde confirmouno e perdeu a oportunidade de desmentir o que o PP (así como o BNG, os veciños, asociacións e ANPAS do barrio) viñeron denunciado desde que se coñeceu o proxecto. Tras constatar que Teis vai contar cunha sala de lecturas, “que non é o que reivindican os veciños”, o portavoz do PP insistiu en que este populoso barrio necesita unha biblioteca.

ANUNCIADA HAI UNHA DÉCADA

A biblioteca de Teis foi anunciada por Abel Caballero fai máis dunha década, e os veciños e entidades sociais da zona demandan desde entón que a nova infraestrutura ser unha biblioteca “de verdade”, con todos os servizos que esta dotación leva.

O alcalde confirmou hai anos que dita instalación situaríase no antigo ambulatorio, edificio que sería cedido gratuitamente pola Seguridade Social, pero finalmente o Concello pagou case 200.000 euros pola parcela.

Caballero anunciou o inicio das obras en varias ocasións, e o proxecto estivo recollido en varios orzamentos municipais. Ante as críticas dos veciños, o rexedor chegou a acusalos de “mentir” e insistiu en que a biblioteca de Teis tería libros e servizo de préstamo.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...