InicioSociedadePiden case 4 anos de prisión para un membro do GES do...

Piden case 4 anos de prisión para un membro do GES do Val Miñor por coaccións e ameazas a compañeiros

O home enfronta cargos por tres delitos de coaccións, dous de lesións psíquicas e un de lesións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita penas que suman 3 anos e 10 meses de prisión para un membro do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) do Val Miñor que será xulgado este xoves en Vigo. O acusado enfronta cargos por tres delitos de coaccións, dous de lesións psíquicas e un de lesións contra dous superiores e un compañeiro.

Segundo o escrito do ministerio público, o home, que traballaba como peón, mantivo durante un tempo prolongado un comportamento “violento e hostil” no servizo. Rexeitaba facer traballos, cuestionaba ordes, e dirixíase aos seus compañeiros con berros e ameazas como “os vou a queimar a todos aquí dentro”.

Debido á súa actitude, a Inspección de Traballo tivo que intervir e as vítimas (o coordinador, a delegada de persoal e un compañeiro) sufriron trastornos de ansiedade. A Fiscalía pide, ademais da pena de prisión, unha multa de 810 euros, a prohibición de achegamento e unha indemnización de 17.830 euros para os prexudicados.

ÚLTIMAS

Os veciños do centro de Vigo levarán ao Concello aos tribunais polo “caos do Nadal”

A Asociación de Veciños Zona Centro de Vigo anunciou este martes que iniciará accións...

O BNG esixe conxelar os salarios dos cargos electos en Vigo ante a suba inxustificada do 4%.

O grupo municipal do BNG en Vigo reclamou este martes a conxelación dos salarios...

Caballero estala contra a Xunta: acusa a Rueda de “mentir” para frear a Facultade de Medicina en Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este martes novamente contra a Xunta, e...

Os acusados de dar unha malleira a dous mozos en Vigo aceptan 7 meses e 2 anos de cárcere

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...