InicioVigo e contornaVigoTres detidos nun operativo contra a venda de drogas en Vigo e...

Tres detidos nun operativo contra a venda de drogas en Vigo e Gondomar

Incautóuselles medio quilo de heroína e 4 000 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon a un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas, e detivo a tres persoas, ademais de efectuar rexistros en Vigo yt Gondomar, onde se incautou de máis de medio quilo de heorína, marihuana, diñeiro en efectivo e outros materiais utilizados para a manipulación e distribución da droga.

Segundo informaron fontes policiais, as primeiras investigacións levaron a cabo en abril pasado por parte da Unidade de Drigas e Crime Organizado (UDYCO), tras ter coñecemento da existencia dun punto de venda de drogas na zona das Travesas.

Alí, desde a habitación dun hostal onde se hospedaba, un home dedicábase á distribución de cocaína, heroína e marihuana, e a súa actividade estaba a xerar problemas de convivencia no barrio.

As pescudas permitiron tamén descubrir a quen era o seu provedor, un home que vendía a droga desde a súa vivenda unifamiliar en Gondomar (Pontevedra). Este home fornecía cocaína, heroína e marihuana a traficantes de Vigo, especialmente na zona de Valladares, e da comarca.

Este xoves levaron a cabo as detencións e os rexistros simultáneos da habitación do hostal e da vivenda de Gondomar. No hostal, os axentes detiveron ao sospeitoso e interviñéronlle 3 gramos de heroína, 40 gramos de haxix, unha báscula de precisión e diversos útiles para a venda por dose da droga.

Ao mesmo tempo, a Unidade de Prevención e Reacción (UPR) da Policía Nacional entrou na vivenda de Gondomar. Neste operativo utilizáronse drones, debido a que a casa se atopa nun terreo rural, para poder facer un recoñecemento máis exhaustivo da zona.

Durante a entrada, a parella do sospeitoso tratou de obstaculizar o labor policial, mentres que o home lanzou pola xanela un paquete que contiña medio quilo de heroína. Ambos foron detidos.

No rexistro interviñéronse, ademais da heroína, 20 gramos de marihuana, uns 4.000 euros en efetivo, cafeína para o corte do estupefaciente, básculas de precisión, tres cartuchos de 9 mm, un machete e un patinete eléctrico. Os detidos foron postos a disposición xudicial este venres.

ÚLTIMAS

Caballero anuncia que a Tribuna de Balaídos levará o nome de Iago Aspas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que a bancada de Tribuna...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...

Unha persoa resulta ferida nun choque con cinco vehículos implicados en Vigo

Una persoa resultou ferida tras verse afectada por un accidente de tráfico na cidade...