InicioSociedadeO TSXG condena a Xunta a pagar 7.500 euros a unha profesora...

O TSXG condena a Xunta a pagar 7.500 euros a unha profesora de Vigo por retraso no protocolo de acoso

A funcionaria solicitara o protocolo por suposto acoso laboral en outubro de 2022, pero foi arquivado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou parcialmente un recurso de suplicación interposto por unha profesora do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (CMUS) polo retraso na activación do protocolo ante unha denuncia por suposto acoso laboral.

A traballadora solicitara a activación do protocolo a principios de outubro de 2022, pero a Consellería de Educación arquivou a solicitude dúas semanas despois. Tras presentar unha demanda xudicial en xuño de 2023, o Xulgado do Social de Vigo absolveu a Consellería.

Non obstante, o TSXG reverteu parcialmente esta decisión ao entender que a Consellería de Educación “incumpriu a normativa de prevención de riscos laborais”, xa que só activou o protocolo e emitiu o informe despois de que a funcionaria presentase a demanda.

O alto tribunal galego condenou a administración autonómica a abonar 7.501 euros á profesora por esta “infracción en materia de prevención de riscos laborais”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...