InicioSociedadeVigo evita unha nova universidade privada tras acordar a UVigo e o...

Vigo evita unha nova universidade privada tras acordar a UVigo e o Celta unha titulación conxunta

Avanzan na creación dun futuro centro adscrito para impartir titulacións conxuntas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este luns un memorando de entendemento co Real Club Celta e Metrodora Education Vigo para a futura creación dun centro adscrito para impartir titulacións universitarias conxuntas. Segundo recolle o Diario da Universidade (DUVI), o centro académico aposta pola vía da colaboración coa entidade celeste na súa pretensión de ofrecer titulacións no marco do seu proxecto Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360.

Respecto diso, o reitor, Manuel Reigosa, lembrou que o proceso comezou tras o anuncio do Club da súa intención de pór en marcha as titulacións de Fisioterapia e Ciencias da Actividade Física e do Deporte, así como o dobre grao en amba as dúas da man dunha universidade privada vasca. “A cambio de que non se implanten eses títulos, dariamos amparo ao Celta para que os títulos universitarios que se poidan implantar estean recollidos dentro da UVigo como centro adscrito”, recalcou Reigosa, subliñando que o que este luns se aprobou non é a creación dese centro, senón un marco de entendemento para iniciar o proceso de negociación.

O reitor explicou que o centro impartiría a docencia entre Balaídos e as instalacións de Afouteza, próximas ao campus de Vigo. “Non se trataría dun centro propio da UVigo”, insistiu, pero si contaría con titulacións baixo a tutela da universidade. Para a decana de Fisioterapia, trátase da opción “máis intelixente” porque evita “unha confrontación pola duplicidade de títulos, a masificación profesional e as prácticas” e óptase pola colaboración e a unión de “dúas marcas fortes”.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...