InicioPolíticaO Goberno mantén o compromiso do AVE por Cerdedo, di Caballero tras...

O Goberno mantén o compromiso do AVE por Cerdedo, di Caballero tras falar con Puente

Para o alcalde de Vigo. o "compromiso" de Óscar Puente "significa que o Vigo-Ourense por Cerdedo para o Ministerio de Transportes segue sendo unha realidade"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o compromiso do Goberno co AVE Vigo-Madrid pola variante de Cerdedo segue en pé, despois de manter “un diálogo de moito tempo” co ministro de Transportes, Óscar Puente.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor sinalou que Puente lle aclarou que o mapa de liñas ferroviarias que empregou nun almorzo informativo de Europa Press en Madrid, no que non aparecía esa conexión era “un mapa elaborado por unha empresa para unha simple presentación da liña Madrid-Barcelona”.

“Por tanto, nada ten que ver ese mapa con nada que lle afecte ao que con Vigo ten o Ministerio de Transportes comprometido, que é o Vigo directo a Madrid por Cerdedo”, matizou Abel Caballero, que engadiu que, neste momento, “están a cumprirse os prazos, está a realizarse no detalle e, por tanto, segue a súa marcha en tempos e formas previstos”.

Aceptada a explicación (“eu creo nel”), Caballero insistiu en que o Goberno cumpre os prazos desta conexión e que tamén “está a cumprir” co Saída Sur, aínda que ese trazado, que conectará Vigo con Portugal “non é tan prioritario”.

Para o alcalde, o “compromiso” de Óscar Puente “significa que o Vigo-Ourense por Cerdedo para o Ministerio de Transportes segue sendo unha realidade”. “Mantéñense os compromisos e, por tanto, forma parte das liñas futuras, pero no futuro próximo, de alta velocidade desde Madrid ata Galicia. Por tanto, considero que se cumpren as cuestións”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...