InicioSociedadeResposta Feminista manifestaráse o 25-N en Vigo co lema 'Polas que coidan....

Resposta Feminista manifestaráse o 25-N en Vigo co lema ‘Polas que coidan. Dignidade e loita’

Este 25-N esixirán que os coidados "teñen que ser públicos, dignos e respectuosos", porque "a vida das mulleres vale máis que o negocio"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O colectivo ‘Resposta Feminista. As que miran lilá’ chamou á cidadanía a manifestarse en Vigo o 25 novembro baixo a lema ‘Polas que coidan. Dignidade e loita’, nunha marcha que sairá ás 20.00 horas do cruzamento de Urzáiz con Vía Norte.

Os seus portavoces advertiron de que a violencia machista “segue sendo unha realidade diaria” que sostén “o sistema patriarcal”. Este ano pon o foco nas violencias “máis invisibilizadas”, como as que sofren as mulleres que traballan no sector dos coidados: as traballadoras do fogar, as do SAF, ou as de residencias, “que sosteñen a vida mentres o sistema as precariza, as sobrecargar e déixaas sen protección fronte a agresións físicas, sexuais e psicolóxicas”.

Esa violencia, insistiron, “maniféstase de maneira brutal en casos como o feminicidio de Teresa, traballadora do SAF do Porriño, asasinada mentres coidaba”, e denunciou tamén o modelo de cidade de Vigo, “que prioriza luces, macroeventos e propaganda turística” mentres as mulleres que coidan “continúan con salarios baixos, ausencia de apoio real e exposición constante á violencia institucional”.

Por iso, este 25-N esixirán que os coidados “teñen que ser públicos, dignos e respectuosos”, porque “a vida das mulleres vale máis que o negocio”.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...