InicioMovementos SociaisOs Ninguén advirten das sombras do Nadal : "cada vez hai máis...

Os Ninguén advirten das sombras do Nadal : “cada vez hai máis xente durmindo na rúa en Vigo”

Piden a Caballero "que non lle ceguen" as luces do Nadal e vexa as "sombras" dos 'sintecho' tras dúas novas mortes

PUBLICADO O

- Advertisement -

O foro socioeducativo Os Ninguéns reclamou este xoves ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, “que non lle ceguen” as luces do Nadal e que saiba ver as “sombras” da situación de persoas sen fogar e da insuficiente resposta dos servizos sociais municipais. Así o trasladaron os portavoces da organización, nunha concentración realizada ante o ‘reloxo-contador’ situado na céntrica rúa Príncipe coa conta atrás para o aceso da iluminación do Nadal.

Tras o recente falecemento de dúas persoas ‘senteito’ en Vigo, unha delas de forma violenta, Os Ninguéns volveu a levantar a voz para desmentir a afirmación que o rexedor “repite sen pudor”, de que “en Vigo dorme na rúa o que quere”. “Non se pode facer publicidade enganosa dunha xestión das políticas sociais e de xustiza social que non están a funcionar para nada, ten carencias moi grandes”, sinalou Antón Bouzas, que engadiu que moitas persoas en situación crónica de ‘senfogarismo’ con enfermidades biopsicosociais.

Respecto diso, subliñou que hai un centenar de persoas “malvivindo” na rúa, en naves abandonadas e en ruínas, ou en infravivendas e que a oferta de prazas nos tres albergues de Vigo (un deles municipal) non soluciona o problema, xa que “aos 10 días dinlles: á puta rúa”.

O coordinador de Os Ninguéns, David Prieto, advertiu de que “a situación en Vigo cada vez é peor, porque cada vez hai máis xente durmindo na rúa”. “As institucións bótanse a culpa unhas a outras, din que a competencia é da outra, e os que pagan o pato son a xente nesa situación de pobreza severa”, sinalou, antes de incidir en que moitas persoas están en situación “crítica” e non están na rúa por vontade propia, como mantén Caballero.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...