InicioPolíticaO BNG de Vigo reclama un plan de tráfico que evite "o...

O BNG de Vigo reclama un plan de tráfico que evite “o caos circulatorio” durante a campaña de Nadal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamou este martes ao goberno municipal que implemente un “verdadeiro plan de tráfico” para evitar “o caos circulatorio” durante a campaña de Nadal e para que non se repitan “situacións de inseguridade” como “as que se viviron en anos anteriores”. O portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, denunciou que aínda non se coñecen as medidas que porá en marcha o goberno de Abel Caballero e lembrou que este ano, a posta en marcha dun segundo mercadillo na praza de Vialia, pode provocar un “colapso” na zona.

“Queremos saber que medidas vai adoptar o goberno local para evitar que, un ano máis, o modelo caprichoso de Caballero converta o Nadal nun calvario insoportable e inseguro”, proclamou o concelleiro. Pérez Igrexas advertiu de que “non basta cun par de planos ou anuncios que nunca se concretan en nada”, senón que “hai que tomar medidas de verdade”, e trasladou algunhas das propostas do BNG para afrontar esas semanas.

Así, o grupo nacionalista expuxo pór en marcha un plan de transporte público que reduza a entrada de vehículos na cidade. Dito plan contempla lanzadeiras de bus e aparcadoiros disuasorios no Ifevi ou en zonas portuarias; medidas para dar preferencia aos taxis e buses urbanos; asegurar corredores de emerxencia; ou reforzar os efectivos de Policía Local e de Protección Civil. Para o portavoz do BNG “a obsesión polas grandes masas que raia no patolóxico do alcalde non pode pór en risco a seguridade, a convivencia nin a habitabilidade da cidade durante varios meses”.

ÚLTIMAS

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...