O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a sentenza do Tribunal Supremo que obriga a Audasa a devolver as peaxes cobradas durante as obras de ampliación da ponte de Rande, aínda que insistiu en que “toda a autoestrada ten que ser gratis”.
Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico sinalou que a resolución do alto tribunal “é de sentido común”, porque “se un vai por unha autoestrada e a autoestrada é máis lenta que ir a pé ata o sitio ao que se vai, pois é evidente que non poden cobrarche a peaxe”.
Con todo, Caballero reiterou que “a autoestrada enteira ten que ser gratis”. “É que non pode ser. Eu levo toda a miña vida de adulto pagando peaxe na autoestrada (…) e aínda me din que teño que seguir ata o ano 47″, lamentou e insistiu en que 2toda a autoestrada ten que ser gratis”, entre Ferrol e Tui.
O alcalde tamén se referiu ao tramo concreto entre Vigo e Pontevedra, comunica “unha gran área urbana” e na que “obligadamente” hai que pagar unha peaxe porque “non hai vía alternativa”.
