InicioSucesosTres anos de cadea para un home que mantivo relacións cunha menor...

Tres anos de cadea para un home que mantivo relacións cunha menor a quen lle dixo que era máis novo

Foi a nai da menor a que, ao saber que a súa filla se estaba vendo cun mozo maior, foi ao domicilio del a coñecelo e decatouse de que a diferenza de idade era moito máis grande.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Vigo foi condenado a 3 anos de cárcere como autor dun delito agresión sexual a unha menor, nunha vista de conformidade celebrada este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Os feitos ocorreron entre 2022 e 2024. O acusado contactara a través de redes sociais coa vítima, de 14 anos, e, a pesar de que el tiña entón 37 anos, fíxolle crer á moza que tiña 22 anos, e mantiveron relacións sexuais durante ese tempo. Foi a nai da menor a que, ao saber que a súa filla se estaba vendo cun mozo maior, foi ao domicilio del a coñecelo e decatouse de que a diferenza de idade era moito máis grande.

Tras recoñecer os feitos, o tribunal impúxolle 3 anos de cárcere e admite as circunstancias atenuantes de confesión e reparación do dano (o acusado xa consignou os 15.000 euros de indemnización para a nena). Ao oporse a Fiscalía á suspensión da execución a pena, agora será a Audiencia a que decida se o condenado debe ingresar en prisión e en que prazo.

Ademais desta pena privativa de liberdade, prohibiulle comunicarse ou achegarse a menos de 200 metros da vítima durante 5 anos, e impúxolle a privación da patria potestade e inhabilitación especial para o exercicio dos dereitos de patria potestade, tutela, curatela, garda ou acollemento por 5 anos.

Igualmente, foi inhabilitado para o exercicio de profesión, oficio ou calquera actividade que leve contacto con menores por un tempo de 10 anos, así como a medida de liberdade vixiada tras saír de prisión durante 5 anos.

ÚLTIMAS

O TS condena a Audasa a abonar as peaxes cobradas aos coches sinestrados durante as obras na ponte de Rande

O Tribunal Supremo condenou a Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, a abonar parte das...

Condenan por intrusismo a un falso médico que traballou nas Urxencias do Álvaro Cunqueiro, en Adeslas e Fátima

Pablo Alborés Cabaniña, coñecido en Vigo por ser o primeiro director da Fundación Porto...

Zona Franca de Vigo adxudica a construción da planta de semiconductores fotónicos

O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo acordou este martes a adxudicación, por...

O acusado do crime de Coia di que matou “por medo”: enfróntase a máis de 20 anos de prisión

A defensa de José Luís M.C., presunto autor do chamado crime de Coia, argumentou...