InicioEconomíaO'Mega sinala 2.000 probas suspendidas durante a folga de radiólogos do Hospital...

O’Mega sinala 2.000 probas suspendidas durante a folga de radiólogos do Hospital Álvaro Cunqueiro

Os radiólogos cren que isto non é unha resposta "efectiva á carga asistencial que se afronta a diario nas gardas"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato O’Mega cuantificou en 2.000 probas as suspendidas ao longo dos 17 días de folga levada a cabo polos radiólogos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Así mesmo, este sindicato calcula que a finais de mes a cifra poderá alcanzar “o volume equivalente ao traballo dun radiólogo en todo o ano”, e subliñou que “as reivindicacións do colectivo profesional non son económicas”, senón de “reforzo de persoal para garantir o mantemento da calidade asistencial”.

En calquera caso, o comité de folga rexeitou a oferta presentada o pasado martes 21 de outubro polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), de “incorporar un terceiro radiólogo con presenza física unicamente os luns e os días sen residentes de terceiro e cuarto ano”.

A proposta do Sergas, segundo o sindicato, tamén prevía o reforzo parcial das gardas de martes a venres, ata as 22.00 horas. No entanto, os radiólogos cren que isto non é unha resposta “efectiva á carga asistencial que se afronta a diario nas gardas”.

De todos os xeitos, o sindicato informou de que os profesionais desta categoría presentarán á Xunta unha contrapropuesta que cren que podería pór fin á folga.

Ao mesmo tempo, os radiólogos redactaron unha carta aberta dirixida á cidadanía na que manifestan a súa preocupación “polo crecente proceso de externalización de estudos radiológicos a centros privados ou concertados, o que alimenta o temor a unha progresiva privatización do servizo público de radioloxía”.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

O BNG de Vigo pide explicacións sobre o correo que desautorizou o Saltamontes

O grupo municipal do BNG de Vigo esixiu este venres ao goberno local que...