InicioSociedadeFotografía, teatro inmersivo ou videopodcast, entre as novas actividades do V edición...

Fotografía, teatro inmersivo ou videopodcast, entre as novas actividades do V edición de Ciencia de Ida e Volta da UVigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) presentou este luns o V edición do seu plan ‘Ciencia de Ida e Volta’, un programa da súa Unidade de Cultura Científica que pretende fomentar a cultura científica, impulsar vocacións e dar visibilidade á investigación levada a cabo no centro académico.

Foi a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo, Mónica Valderrama, a encargada de presentar esta iniciativa, que contará con novas accións e formatos para chegar a máis persoas, como o desenvolvemento dun videopodcast sobre reciclaxe e residuos e dun teatro inmersivo polo Día Mundial do Teatro, unha homenaxe a Agatha Christie, de cuxo falecemento se cumprirán 50 anos en 2026.

Un concurso de fotografía, un taller de ilustración científica ou exposicións temáticas tamén serán algunhas das actividades que se englobarán dentro desta quinta edición. “Actividades nas que buscamos a implicación do noso persoal investigador”, afirmou Valderrama, indicando que a primeira delas comezará este venres e luns coa formación Comunica a túa ciencia, destinada a aqueles que queiran aprender a como mostrar ante a sociedade o coñecemento científico.

Acompañada polas técnicas de UCC+i, Ana Costa e Elena Muiños, Valderrama lembrou que na anterior edición máis de 10.000 persoas participaron nas actividades desenvolvidas polo programa. Con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, as actividades desta quinta edición do programa levarán a cabo entre outubro de 2025 e xuño de 2026 nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra.

CONTA ATRÁS

As actividades do plan inícianse esta semana, o venres 10 de outubro e continuará o 13, coa formación presencial dirixida á comunidade universitaria (PDI, PI, PTXAS e alumnado) Comunica a túa ciencia. O curso de 10 horas, aberto tamén a docentes e responsables de comunicación externos, inclúe sesións dedicadas a mellorar as habilidades de oratoria, aprender a comunicar ciencia en redes sociais, coñecer o potencial das ferramentas de intelixencia artificial aplicadas á divulgación e, como novidade, dous obradoiros de técnicas teatrais orientados a explorar novas formas de expresión e comunicación creativa.

As sesións estarán a cargo de Tamara Pazos Cordal, comunicadora científica especializada en neurociencia; Óscar Huertas Rosales, bioquímico e divulgador; e Constance Hurlé, directora e intérprete de artes escénicas, que guiará a parte teatral da formación. As persoas interesadas en realizar a formación deberán encher o formulario habilitado na Secretaría Virtual e o número de prazas é de 40, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

NOVAS LIÑAS DE ACCIÓN

Coincidindo co seu quinto aniversario, o plan incorpora novas liñas de acción centradas nos grandes desafíos actuais, como o cambio climático, a contaminación e a perda de biodiversidade. Tamén introduce formatos innovadores como xornadas de teatro inmersivo, exposicións temáticas ou enquisas de percepción social, “que permitirán comprender mellor a relación entre a cidadanía e a ciencia”.

Por exemplo, o plan continuará a principios de novembro co Día da Ciencia en Galego (4 de novembro), que celebrará a súa segunda edición para pór en valor a investigación e divulgación na lingua de Galicia. O día Mundial da Pesca (21 de novembro), Ciencia de Ida e Volta levará a cabo actividades ao redor do mar e dos recursos mariños. Ademais, tamén se manterán as accións do 11 de febreiro (Día da muller e a nena na ciencia), entre moitas outras.s outras.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...