InicioPolíticaO BNG vigués sinala ao PSOE por "vetar" unha declaración institucional contra...

O BNG vigués sinala ao PSOE por “vetar” unha declaración institucional contra o “xenocidio” de Palestina

"Como sucede desde outubro de 2023, o PSOE de Abel Caballero segue arrastrando os pés á hora de actuar contra o xenocidio en Palestina", afeou o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo denunciou este mércores o “veto” do PSOE olívico a unha declaración institucional contra o “xenocidio” en Palestina, explicando que na xunta de portavoces desta mañá os socialistas rexeitaron “sen dar un só argumento” a proposta nacioanlista para acordar en pleno que a cidade non acolla ningún evento con participación de Israel.

“Como sucede desde outubro de 2023, o PSOE de Abel Caballero segue arrastrando os pés á hora de actuar contra o xenocidio en Palestina”, afeou o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, lamentando que os socialistas “adianten pola dereita” ao PP, que se abstivo.

Segundo denuncian os nacionalistas, durante a xunta de portavoces os socialistas negaron recibir previamente a proposta do BNG, algo que “foi desmentido polo servizo da Secretaría Xeral do pleno, confirmando que fora comunicada ao portavoz socialista, Carlos López Font”.

Ademais, Igrexas afeou o “atrevemento” do grupo socialista de formular unha contrapropuesta de declaración institucional “que non foi comunicada con antelación” á oposición e que se trataba dun “automasaje” ao Goberno con alusións expresas ao propio PSOE.

Igrexas lembrou que se trata da terceira declaración institucional sobre Palestina “vetada” polo PSOE no Concello de Vigo. “É indecente ver como o PSOE antepón a súa axenda partidista e a súa fobia ás propostas do Bloque”, engadiu.

Estas críticas tiveron unha rápida resposta do concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, que enviou un audio gravado aos medios de comunicación acusando ao BNG de “mentir” e dicindo que eles propuxeron redactar unha declaración conxunta que o Bloque “non aceptou”. Así, o PSOE levará a pleno unha iniciativa en forma de moción para dicir “non ao xenocidio” en Gaza, porque as declaracións institucionais teñen que contar co voto a favor de todos os partidos.

ÚLTIMAS

Detido un mozo de 19 anos tras apuñalar a outro nunha discusión en Vigo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este martes a un mozo de 19...

Cinco detidos en Vigo por un alixo de 200 quilos de cocaína chegado nun portacontedores desde Sudamérica

A Policía detivo a cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200...

O BNG alerta de que 9 de cada 10 alugueiros en Vigo superan os 700 euros e esixe declarar a zona tensionada

O BNG de Vigo alertou este martes de que 9 de cada 10 vivendas...

O PP de Vigo esixe a Caballero que rompa o seu “silencio cómplice” ante o pacto entre o PSOE e ERC

O PP de Vigo esixiu este martes ao alcalde da cidade, Abel Caballero, "que...