InicioVigo e contornaVigoVigo iniciará a tramitación da taxa turística na cidade cunha consulta pública

Vigo iniciará a tramitación da taxa turística na cidade cunha consulta pública

O alcalde de VIgo, Abel Caballero, lembrou que a cidade xa ten un "inmenso" turismo e, por tanto, é "moi razoable" tratar de "equilibrar" cunha taxa o sostemento desa actividade e deses servizos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobará este venres o inicio da tramitación para implantar unha taxa turística na cidade, e esa tramitación comezará cunha consulta pública, segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero.

Esta consulta pública permancerá activa durante 20 días e, coas suxestións que faga chegar o sector e a cidadanía, o goberno procederá a elaborar a norma.

O rexedor insistiu en que esta taxa, que pode estar entre 1 e 2,5 euros por persoa e noite, dependendo do tipo de establecemento, suporá que as persoas que visiten Vigo realizarán unha achega que, para o seu peto será “practicamente irrelevante”, pero que contribuirá a pagar os gastos nos que incorre a cidade para prestar os servizos turísticos.

Así, lembrou que Vigo xa ten un “inmenso” turismo e, por tanto, é “moi razoable” tratar de “equilibrar” cunha taxa o sostemento desa actividade e deses servizos. Respecto diso, sinalou que a cidade conta con máis de 17.500 prazas de aloxamento, das que máis de 11.100 correspóndense con vivendas de uso turístico, fronte a unhas 6.400 en hoteis, pensións e outros establecementos.

“Eu creo que é moi conveniente elaborar esta taxa”, explicou Caballero, antes de lembrar que “practicamente está establecida xa en toda España” e outras cidades do mundo. “Porque a cidade organiza o Nadal, organiza a Reconquista, organiza o Marisquiño, organiza os concertos, organiza a cultura e todo isto é gratuíto en Vigo (…), por tanto parece moi razoable que os visitantes que teñen todas estas prestacións gratuítas fagan unha contribución que é o equivalente a tomar un café”, engadiu.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...