InicioVigo e contornaVigoCaballero asegura que Vigo cumpre co número de bombeiros necesarios no seu...

Caballero asegura que Vigo cumpre co número de bombeiros necesarios no seu parque

O rexedor olívico quixo pór en valor a cooperación dos bombeiros da cidade na extinción dos incendios forestais que arrasan parte de Galicia, e tamén destacou a capacidade e os recursos deste servizo municipal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que o servizo de bombeiros da cidade “cumpre sobradamente” co número de efectivos que, segundo criterios técnicos, deben estar operativos para garantir a cobertura e seguridade, e cualificou de “mentirosos” a quen, como os partidos da oposición e os sindicatos, denuncian que non hai bombeiros suficientes.

En declaracións aos medios durante unha visita ao parque de bombeiros de Teis, o rexedor olívico quixo pór en valor a cooperación dos bombeiros da cidade na extinción dos incendios forestais que arrasan parte de Galicia, e tamén destacou a capacidade e os recursos deste servizo municipal.

“Eu quero desde aquí felicitalos, felicitar a todos os efectivos que foron actuar nestes incendios”, proclamou, e engadiu que o servizo segue “a disposición da Xunta” para actuar nos lumes “axiña que como os necesite”, como fixo xa en puntos como Muxía, Salceda, A Rúa ou Ribadavia.

Con respecto ás críticas (o BNG volveu reiteralas este mércores) por unha suposta falta de efectivos nos parques municipais, o alcalde cualificou de “mentirosos” a quen fan esas afirmacións. Segundo remarcou Caballero, o número necesario de efectivos para garantir a seguridade na cidade (que, segundo ese criterio técnico, sería de 16) “cúmprese sobradamente”.

“E quen di que non, mente. E sabe que está a mentir, sabe que está a mentir. Hai o número de bombeiros necesarios para atender a Vigo, no criterio dos técnicos deste Concello. Non o decide un grupo político, decídeno os que saben”, proclamou o alcalde, que lembrou que a cidade conta cun persoal de 108 bombeiros que, antes a final de ano, aumentará ata os 140 con novas incorporacións.

Tras insistir en que “Vigo é unha cidade ben atendida en termos de extinción de incendios e en termos de material”, o rexedor volveu a criticar aos que “amenten sempre”, a quen reprochou que non recoñezan os avances no servizo nos últimos anos, como a incorporación de persoal, a adquisición de novos vehículos e material, ou a reforma e construción dos parques de bombeiros.

“Aos mentirosos hai que contestarlles sempre (…) Sempre hai grupos políticos que están a dicir que Vigo moi mal. Pois seguramente Vigo foi o único que contribuíu nestes incendios de Galicia desde unha cidade. Daquela Vigo, moi ben. Non moi mal. Moi ben”, resolveu.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...