InicioVigo e contornaVigoAprobada unha ampliación do orzamento de 72 millóns no pleno de Vigo

Aprobada unha ampliación do orzamento de 72 millóns no pleno de Vigo

O BNG cualificou de "estafa política" as modificacións orzamentarias aprobadas no pleno deste luns“.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno de Vigo aprobou este luns, nunha sesión extraordinaria, unha ampliación do orzamento municipal de 72 millóns de euros máis, a pesar de contar só co ‘si’ dos socialistas, debido a que o BNG votou ‘non’ e o PP abstívose. Tal como informou o Concello, este diñeiro irá destinado a humanizacións de distintas rúas, a instalacións deportivas, a políticas de vivenda ou a obras en colexios, entre outros proxectos.

Foi o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, o que defendeu esta iniciativa “para transformar toda a cidade”. “Somos o único concello de Galicia con solvencia e capacidade para traer recursos adicionais e extraordinarios para satisfacer e financiar as necesidades da cidadanía de Vigo”, dixo.

De entre os 72 millóns, 26,5 millóns serán para obras de humanización e renovación de firmes en toda a cidade, mentres que 15 millóns para infraestruturas deportivas e 3,9 millóns para colexios. Destes, 8 millóns de euros irán parar a políticas municipais de vivenda, coa creación dunha empresa pública de vivenda, axudas para o aluguer co programa ‘Vigo Aluga’ e para a compra de pisos.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

A iniciativa saíu adiante co ‘si’ do PSOE, o ‘non’ do BNG e a abstención do PP. Precisamente os ‘populares’ criticaron ao alcalde, Abel Caballero, por oporse a destinar 60 millóns de euros a vivenda, acusándoo de conformarse cun plan “insuficiente”. Esta era a proposta que pretendía o PP, que non saíu adiante tras o voto en contra dos socialistas. A pesar dos “claros beneficios” que suporía, a xuízo dos ‘populares’ o alcalde “non valora a vivenda como unha prioridade, senón como un titular electoral”.

Pola súa banda, o BNG cualificou de “estafa política” as modificacións orzamentarias aprobadas no pleno deste luns, afeando ao PSOE a súa negativa de mobilizar 14 millóns máis para abordar o “grave problema do acceso social á vivenda”. “Os remanentes son a hucha onde acaba o diñeiro dos vigueses que vostedes, na súa evidente incapacidade para gobernar, non lle devolven en forma de investimentos nin de mellores servizos”, criticaron desde a bancada nacionalista.

ÚLTIMAS

Críticas do PP a Caballero: “máis medidas e menos propaganda” para frear a “caída libre” de Peinador

O PP de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, "máis medidas e menos propaganda"...

Nofumadores.org critica que a Xunta non prohiba fumar nas Illas Cíes

Nofumadores.org denuncia a "incoherencia" de que a Xunta permita fumar nas Illas Cíes, un...

Detido un home no Marisquiño que portaba 20 gramos de diferentes drogas

A Policía Local de Vigo detivo durante a celebración do Festival Ou Marisquiño a...

Detido un home no Porriño por presunto roubo de ferramentas nunha empresa

A Garda Civil do Porriño detivo un home, de 51 anos, veciño da localidade...