InicioCulturaOitava edición do Mercado de Arte e Ilustración MONA en Vigo

Oitava edición do Mercado de Arte e Ilustración MONA en Vigo

Ilustración, cerámica, acuarela, manga, xoiaría elaborada a man, debuxo realista, roupa, pintura acrílica, láminas ou postais son algúns dos artigos que estarán dispoñibles no VIII edición de MONA.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A VIII edición do Mercado MONA de Arte e Ilustración celebrarase este fin de semana nas instalacións do Centro Comercial Gran Vía de Vigo.

Desta maneira, a feira volverá á cidade entre este xoves, día 7 de agosto, e o sábado 9, entre as 11.30 e as 14.30 horas e as 16.00 e 21.00 horas, con “tres días cheos de inspiración e creatividade”.

Ilustración, cerámica, acuarela, manga, xoiaría elaborada a man, debuxo realista, roupa, pintura acrílica, láminas ou postais son algúns dos artigos que estarán dispoñibles no VIII edición de MONA.

Así, xoves acudirán ás súas casetas os artistas Strix Poison Path, Mourín. Design, Addicap 3D, Bluespectrum&Velvetdemon, O Encanto de Jenika, Mar. Jewelrin, Mami es Casa, Willdaborin, Tremelucir, Bite me Dog* (mórdeme can), Maruxiña Voavoa e Inspira Studio.

O venres será a quenda de Resinart3dgalicia, Pablo Carreiro, Jack Andriano, Julebv, Loki the Cat, Sergio Covelo, Luffho, Artista Efímera, Uralita Estudo, TZ Studio, Jose Francisco Perregil, Kiyulé Reciclaxe Téxtil e &nes Crochet.

Pola súa banda, sábado acudirán Alisa Proskura, Goishe, Tuuinx, Tamarindo Conde, Praga, Möka Galicia, O Taller Máxico, Thin & White, Sepia Art Shop, Larissa Lyra e Sapos e Culebras.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...