InicioSucesosPiden oito anos de prisión para un acusado de roubar e agredir...

Piden oito anos de prisión para un acusado de roubar e agredir sexualmente a unha muller en Vigo

A muller foi abordada mentres entraba no seu edificio, sufrindo un intento de agresión sexual e outro de roubo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home enfróntase a oito anos e medio de prisión como suposto autor dun delito de roubo e outro de agresión sexual cometidos en xuño do ano pasado na cidade de Vigo. Os feitos, que proceden do Xulgado de Instrución número 6 da cidade olívica, serán xulgados este martes, día 15, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo recolle a Fiscalía no seu escrito de acusación, foi na madrugada do 29 de xuño de 2024 cando a vítima, que chegaba a casa do traballo, foi abordada mentres esperaba polo ascensor do seu edificio, tras deixar pasar ao procesado pensando que era un veciño. Así, o home achegouse e colleulle o móbil que levaba na man, para logo aproximarlle un coitelo ao pescozo e obrigala a subir polas escaleiras.

Nun descansillo destas, o home díxolle á muller que “non lle faría nada” se lle facía unha felación, comezando a baixarse os pantalóns. Nese instante, a muller empuxouno e saíu correndo cara á súa vivenda, abandonando o home o edificio co móbil da vítima e o seu bolso, cuns 80 euros en efectivo, unha cadea de ouro e dous aneis de aceiro. Por todo isto, o Ministerio público solicita para o home unha pena de 4 anos e medio por un delito de roubo, así como outro catro anos de cárcere por un delito de agresión sexual. Ademais, pide que indemnice con 3.400 euros á vítima.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...