InicioVigo e contornaVigoO PP de Vigo reclama retirar a Medalla da cidade a Pardo...

O PP de Vigo reclama retirar a Medalla da cidade a Pardo de Vera

O PP xa o pediu no pleno do pasado mes de abril, pero o PSOE opúxose alegando que a concesión da Medalla estaba xustificada polos "méritos" de Pardo de Vera e o seu apoio ás infraestruturas ferroviarias da cidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo volveu a pedir este mércores que se retire a Medalla da Cidade outorgada a Isabel Pardo de Vera nun pleno co único voto favorable do PSOE, e esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que asuma a “reponsabilidade” por decidir este recoñecemento de forma “persoal e unilateral”.

A presidenta do partido e concelleira, Luisa Sánchez, subliñou que “o que en 2022 foi un acto político, en 2025 esixe responsabilidades políticas”, por iso volveu a insistir en que se revogue ese recoñecemento.

Segundo lembrou, o PP xa o pediu no pleno do pasado mes de abril, pero o PSOE opúxose alegando que a concesión da Medalla estaba xustificada polos “méritos” de Pardo de Vera e o seu apoio ás infraestruturas ferroviarias da cidade.

Desde ese pleno, insistiu Luisa Sánchez, a situación xudicial da expresidenta de Adif non fixo máis que agravarse, e lembrou que lla investiga por cinco posibles delitos “relacionados coa trama de corrupción que afectan o Partido Socialista e ao Goberno de Pedro Sánchez”.

Por iso, remarcou que Pardo de Vera “acumula xa máis acusacións (malversación, tráfico de influencias, prevaricación, suborno e pertenza a organización criminal) que méritos para obter dita distinción, que unicamente foi un: a súa proximidade política e persoal co alcalde de Vigo”.

Luisa Sánchez esixiu que Abel Caballero “cumpra coa súa obrigación” de saír a dar explicacións e dicir se mantene esa Medalla “a pesar dos turbios asuntos” cos que lla relaciona. “Caballero non se pode quedar mudo nin como alcalde nin como membro do Consello Federal Socialista, ao que por certo asistiu o pasado sábado para aplaudir a Pedro Sánchez”, sentenciou.

Finalmente, lembrou que a decisión de outorgar a Medalla de Vigo a Isabel Pardo de Vera foi unha “imposición” da maioría absoluta do PSOE sen contar co respaldo do resto de partidos políticos e “contraviniendo” o que establece o propio ‘Regulamento de Honras e Distincións’ do Concello, cando sinala que non se poderán conceder recoñecementos “a persoas que desempeñen cargos nas distintas administracións públicas”.

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...